Mapa do Concelho de Santiago de Compostela

Compostela Iconográfica: Patrimonio Vivo nas Parroquias

O proxecto Compostela Iconográfica: Patrimonio Vivo nas Parroquias nace co obxectivo de poñer en valor o patrimonio local do Concello de Santiago, cun énfase especial na riqueza cultural e histórica que habitualmente queda eclipsada pola zona vella e a Catedral. Inspirado na filosofía de levar a historia a obxectos de uso cotián, transfórmase un soporte sinxelo (como o mantel de hostalaría ou o tríptico educativo) nunha poderosa ferramenta de comunicación cultural e identidade. O traballo céntrase na creación dun mapa parroquial detallado, onde se selecciona un elemento patrimonial único —que pode ser un pazo, un petróglifo ou un fito natural— para que funcione como un símbolo icónico e apropiábel pola veciñanza, contribuíndo á dinamización do patrimonio do rural compostelán.

O material didáctico, composto polo póster de aula e o tríptico para o alumnado, está deseñado como un convite á exploración do concello xunto coa familia. A dinámica consiste en utilizar o mapa iconográfico para coñecer os elementos patrimoniais seleccionados de cada parroquia. A idea é que o alumnado visite, xunto coas súas nais e pais, os distintos lugares e vaia riscando unha casa baleira no documento, que está asociada a cada ítem, para rexistrar as súas visitas. O tríptico e o póster inclúen un código QR que leva a un mini-website con acceso a todas as fichas dixitais, que proporcionan información ampliada e ligazóns de xeolocalización en Google Maps para facilitar a visita e a descuberta do patrimonio.

Mapa en formato tríptico Mapa en formato cartaz

Fichas de Património

Logótipo Concello de Santiago Logótipo Sacauntos Cooperativa Gráfica