Servizos EditoriaisA nosa ampla experiencia no mundo editorial permítenos ofrecer unha variada gama de servizos, orientados tanto cara ao particular como cara ao profesional. Realizamos edición de libros, revistas ou catálogos baixo demanda para grandes e pequenas tiraxes. Ofrecemos tamén servizos de maquetación, catalogación, dixitalización de soportes analóxicos, e todo o que teña que ver co ámbito editorial no contexto da autoedición ou das editoras profesionais. |
![]() |
![]() |
Servizos LingüísticosDentro do noso departamento de servizos lingüísticos temos ao seu dispor unha grande oferta. Estamos especializados en tradución castelán-galego galego-castelán, e tamén desde e cara a outras linguas, como o inglés, francés, italiano, alemán, checo ou finlandés, cun nutrido grupo de tradutores profesionais ao noso servizo. Asemade, ofrecemos tamén servizos de corrección de textos, a nivel estilístico, lingüístico, ortotipográfico ou de probas, tanto sobre papel como sobre soporte electrónico. Tamén contamos cun servizo de asesoría lingüística orientado ao uso do galego no ámbito empresarial e legal, cunha grande experiencia ás nosas costas traducindo textos legais e técnicos. |
Solucións GráficasNo noso departamento de solucións gráficas atendemos calquera necesidade relacionada co mundo da imaxe, a impresión ou a publicidade. Contamos con expertos deseñadores gráficos e ilustradores para cubrir as necesidades máis diversas, desde a ilustración de libros até o deseño integral de imaxe corporativa. Traballamos todo tipo de sistemas de impresión e toda clase de soportes (papel, sintéticos, téxtil, regalos de empresa...). A extensión do noso catálogo de servizos e produtos fai que os nosos clientes non teñan que preocuparse pola contratación de varios proveedores, tendo todo o relativo á súa imaxe pública centralizado en nós e aforrando así tempo, diñeiro e dificultades. |
![]() |