Sacauntos Publicidade é unha empresa nacida para ofrecer ao profesional e ao particular unha gran variedade de servizos relacionados co mundo da publicidade, da edición e da lingua.
A nosa ampla experiencia nestes ámbitos permítenos ofrecer unha gama completa de servizos integrados nun mesmo equipo de traballo, o que repercute na tranquilidade do cliente. A nosa nova oficina está situada no barrio compostelano de Vista Alegre, onde estaremos encantados de atendelo. Entre os nosos clientes atópanse Ediciones SM, First Conference Ltd., Rinoceronte Editora, Xerme Edicións, Urco Editora, Pazos de Galicia, Fundación 10 de Marzo e outros moitos, de proxección autonómica, estatal e internacional.
|

|