Niké somos un grupo de empresas con métodos de traballo comúns e áreas complementarias que nos permiten facer unha oferta integral para o proceso editorial.

Coa nosa axuda podes convertir o teu proxecto de libro nalgo sólido que levar aos andeis de todo o país. Axudarémosche nas dúbidas que teñas, cubriremos os ocos que non teñas desenvolvidos e tentaremos que o teu libro chegue ao mellor porto posíbel.

Pasos

  1. O proceso editorial
  2. Deseño e diagramación
  3. Impresión
  4. Distribución e promoción

Pide un orzamento!

  • Inicio
  • Que é Niké?
  • Legal
  • Contato

O proceso editorial

O primeiro paso para editares un libro é a tradución (se che interesa), a edición e a corrección do mesmo. Nós ofrecemos todos os servizos grazas á nosa rede de profesionais de Urco Editora especializados en cada unha de ditas actividades, mais tamén podes ser ti quen se encargue desta parte do proceso.

Para os prezos que ofrecemos, partimos da páxina estandarizada (1.800 caracteres, contando espazos en branco) e, por cada unha, as tarifas poden ir desde os 15 até os 17 € pola tradución, desde os 3 até os 5 € pola edición e desde os 2 até os 3 € pola corrección.

Ofrecémosche tamén a xestión do ISBN, que todo libro que vaia ser vendido debe levar, por 15 euros.

Pensa tamén que en Urco Editora temos experiencia na publicación de autores noveis. Se tes dúbidas a respeito de se o teu libro vai funcionar, ou de onde se poderia mellorar, podemos ofrecerche servizos de apoio á creación por unha tarifa negociábel.

Deseño e diagramación

A edición dun libro require un traballo de deseño de cubertas e dos contidos interiores, ao que chamamos diagramación.

Para editares o teu libro connosco podes mandar as cubertas deseñadas e os interiores maquetados, ou ben pedirnos a nós que o fagamos por ti. Se optas por facer o traballo ti mesmo, lémbra antes de nada de nos preguntar cales son as indicacións básicas para debes seguir. Se optas porque o faga o noso equipo de profesionais, pensa que o deseño de cubertas custa desde 150€ e unha maqueta, desde 0,80€/páxina final. Máis adiante nesta páxina, atoparás un formulario detallado para pedir o teu orzamento personalizado.

Impresión

Niké imprime os seus libros nos talleres de Sacauntos Cooperativa Gráfica, unha das empresas máis punteiras da Galiza na impresión de libros baixo demanda.

No formulario de solicitude de orzamento que tes nestas páxinas poderás escoller diferentes tamaños, tipos de papel, e acabados para o teu libro. Evidentemente, tamén existen moitas máis posibilidades que as que saen no formulario, co que se tes algún interese en particular que se afaste deses estándares consúltanolo sen compromiso. En canto á tiraxe, ten en conta que se queres que Niké tamén distribúa os teus libros nas principais librarías do país, serán precisos uns 80 exemplares a maiores dos que queiras para ti.

O custo de impresión dun libro varía moito segundo o formato, o número de páxinas, a tiraxe, os acabamentos... Así, un libro de formato medio folio (A5) e arredor dunhas 100 páxinas non tende a chegar aos 2€/exemplar, un libro moito máis groso e con ilustracións a cor no interior será algo máis caro, evidentemente. De todos os xeitos, se nos pides un orzamento a través do formulario ou por teléfono, darémosche o prezo exacto do libro que queres.

Distribución e promoción

Unha vez que o libro está rematado, queda unha parte clave do proceso: visualizalo e distribuílo convenientemente. Talvez estarás interesado en vendelo só entre coñecidos, amigos e familiares, mais se queres que estea distribuído nas librarías máis importantes da túa provincia ou da Galiza, ofrecémosche a oportunidade de facelo connosco a través de Pragma Distribuidora, unha empresa especializada que se compromete cos seus libros garantindo que non só os deixará nas librarías, senón que tamén fará a función de comercial intentando procurarlle a maior visibilidade posíbel.

Para iso, terías que pagar un adianto que dependerá da cantidade de libros que queiras distribuír e que sería descontado das ganancias das vendas. Unha vez que se supere esa cantidade, comezarás a recibir os beneficios das vendas dos teus libros. Debes ter en conta que do prezo de venda ao público (PVP), o distribuidor quedará cunha porcentaxe e o libreiro con outra. Isto dependerá das características da distribución que queiras facer.

Que é Niké?

O proxecto Niké formámolo un grupo de empresas inseridas na cadea de valor do libro, establecendo unha alianza estratéxica para ofrecer ao cliente final un conxunto de produtos e servizos globais. Niké componse de: Edizer, unha empresa de servizos editoriais con amplo percorrido; Sacauntos Cooperativa Gráfica, unha das imprentas a demanda máis punteiras do país; Pragma Distribuidora, unha nova empresa de distribución de libro galego; e finalmente Urco Editora, empresa editorial que achega a súa experiencia no eido da edición.

A vontade do grupo Niké é facilitar o traballo editorial a particulares e profesionais, ben no ámbito da autoedición, ben no ámbito da edición tradicional. Para iso ofrecemos servizos parciais para completar os procesos editoriais de cada quen (maquetación, deseño, impresión a demanda, distribución...) e tamén paquetes globais, de xeito que o cliente final só teña que se preocupar de achegar a obra orixinal, xa que os distintos profesionais que integran a nosa cadea de produción encárganse do restante, mesmo de facer chegar os libros aos seus puntos de venda.

A principal diferenza entre Niké e outros que ofrecen servizos semellantes é que o noso proxecto é unha alianza de pequenas e medianas empresas creadas por novos emprendedores, non unha grande corporación con decenas de empregados e redes de poder. Nacemos coa vontade da adaptación, desde o esforzo diario por levar adiante os nosos proxectos laborais en tempos difíciles, e sobre todo, co trato humilde, humano e franco que caracteriza aos pequenos proxectos de base cooperativista fronte aos xigantes do capital.

Agardamos que traballando connosco sentas como na túa casa.

Legal

Niké é un proxecto posto en marcha por Sacauntos Cooperativa Gráfica coa colaboración de Urco Editora, Edizer SCP e Pragma Distribuidora. A efectos xurídicos, os acordos e transaccións legais realízanse, no início, con Sacauntos, para logo seren derivados ás empresas que corresponda en función da sua natureza.

SACAUNTOS DATOS XERAIS

Datos da empresa
Denominación social: Sacauntos S.L.
CIF.: B-70177506.
Domicilio social: Rúa do Avío 11, baixo, 15705, Compostela, Galiza.
Tel.: 981 576 883.

O presente documento ten por finalidade regular as CONDICIÓNS XERAIS DE VENDA E USO DO SITIO WEB, propiedade de SACAUNTOS, con domicilio social na rúa do Avío 11, baixo, 15705, Compostela (Galiza), con número de CIF.: B-70177506, que consta inscrita no Rexistro Mercantil de Compostela, Tomo 13, Libro 0, Folio 16, Sección 6, Folla 43948, Inscrición 2.




      
CONDICIÓNS XERAIS DE VENDA

Todos os pedidos están suxeitos ás presentes condicións xerais de venda. O comprador non poderá variar, modificar ou anular as condicións dos pedidos aceptados se non obtén consentimento por escrito dun representante legal da compañía.

1.-Descrición do produto 

A descrición dos produtos de SACAUNTOS tentará ser o máis exacta posíbel. Con todo, non garante a completa exactitude da descrición dos seus produtos ou servizos.
Todas as dimensións finais dos produtos estarán suxeitas ás dimensións previstas na descrición do produto, aínda que estas sufrirán variacións para conservar a relación de proporción coas dimensións facilitadas polo cliente.
As cantidades, gramaxe e tamaño fornecidas dos produtos pode variar nun ± 5% debido aos procesos de manipulado, aínda que se procurará que sexan o máis exactas posíbeis.

SACAUNTOS recomenda ao cliente solicitar unha proba de cor se esta é crítica ou deber ter unha cor específica.

	A) CONDICIÓNS XERAIS
	1) Os prazos de produción acordados entre o cliente e SACAUNTOS serán sempre respectados, salvo causa de forza maior, agás se os orixinais dixitais non se reciben en SACAUNTOS na data sinalada, ou se produce un atraso inxustificado na validación dos ferros por parte do cliente.
	2) Os prezos ofertados refírense á realización do traballo descrito. As correccións que deban realizarse nos arquivos dixitais entregados polo cliente serán facturadas aparte. Igualmente facturaranse aparte as probas de cor non contempladas na oferta-orzamento ou as repeticións coas mesmas condicións.
	3) As maquetas de traballos non realizados facturaranse ao custo de 30 euros, IVE e portes aparte.
	4) Os ferros terán un custo determinado adicional a partir da 2ª validación.
	5) ) Como norma xeral, SACAUNTOS acepta orixinais dixitais, coa calidade suficiente para garantir a correcta reprodución de imaxes e textos. O cliente debe asumir, baixo a súa responsabilidade, os resultados que se deriven de ordenar imprimir traballos que non cumpran os mínimos requisitos de calidade (resolución de 300 ppp. para imaxes, espazo de cor CMYK, tipografía achegada no documento, etc.)
	6) Os orixinais dixitais proporcionados en soporte físico polo cliente e non reclamados serán destruídos pasados 90 días desde a finalización e entrega do traballo. SACAUNTOS conserva, debidamente custodiadas, copias de seguridade de todos os traballos para unha eventual repetición dos mesmos. Por razóns técnicas, estas copias non pode ser facilitada aos clientes, pero si é posíbel entregar unha copia en formato PDF de baixa resolución para publicar en Internet, por exemplo. Salvo que expresamente se indique o contrario, o cliente autoriza a SACAUNTOS a conservar as copias de seguridade por tempo indefinido.

	B)MODIFICACIÓNS DO PRESENTE CONTRATO
	O presente contrato terá unha duración indefinida. No entanto, SACAUNTOS poderá proceder á modificación do contido das presentes Condicións xerais de venda e uso do sitio web, sempre que exista unha causa ou motivo relacionado coa ampliación de produtos ou números de servizos, a adaptación ás novas tecnoloxías e os cambios lexislativos. 
A modificación será publicada no sitio web.
En proba de conformidade con canto antecede e unha vez lidas integramente as Condicións xerais de venda e uso do sitio web, o usuario ou cliente fai constar a súa aceptación expresa ás mesmas nos termos especificados no presente contrato.

2.-Prezo

O prezo que aparece indicado á beira do produto ou servizo non inclúe nin o IVE nin os gastos de portes.
A lista de prezos só é válida na Unión Europea, fóra dalgunhas zonas como as Illas Canarias onde se ha de pagar un custo extra.
SACAUNTOS resérvase o dereito a modificar unilateralmente os prezos dos produtos sen necesidade de previo aviso.

3.-Ofertas, promocións e descontos

De acordo coa súa política comercial, SACAUNTOS poderá ofrecer libre e voluntariamente ofertas, promocións e descontos dos seus produtos ou servizos aos que xa son usuarios, ou a novos usuarios.

4.-Solicitude de compra

Para realizar a compra dun produto, o cliente deberá localizar o artigo interesado a través do sitio web de SACAUNTOS, seleccionar as características do artigo, efectuar a compra co carro de compra e, posteriormente, pasar por caixa.
En caso de non rexistrarse previamente como cliente de SACAUNTOS, deberá darse de alta no Rexistro de usuarios e encher un formulario con datos persoais, de envío e de forma de pagamento.
Na forma de pagamento terá que elixir algunha das previstas por SACAUNTOS.
Unha vez que SACAUNTOS comprobe o pagamento, iniciarase a tramitación do pedido.
As correccións técnicas do produto, se non son realizadas polo propio cliente, serán incluídas cun custe extra ao prezo que se detallará como Servizos especiais (retoque de ficheiro enviado), que pode incluír a corrección de cor en fotografías, movemento de partes e reasignación de gráficos.
A empresa resérvase a variación do tamaño final até nun 8% para axustes de papel e cortes finais.
Os arquivos deben axustarse ás características indicadas. Non nos facemos cargo do resultado final de documentos con caracteres pixelados ou fotos incrustadas con baixa resolución. No caso de que en arquivos PDF, PSD ou documentos de programas específicos non se atopen incrustados todos os datos existentes (fontes, fotos e textos), non nos responsabilizamos de que o resultado final non sexa exactamente igual ao que ves no teu monitor.

5.-Pagamentos

A nosa páxina web conta coa plataforma PayPal para realizar todos os pagamentos dos distintos traballos que nos solicites. Consideramos que esta opción é a máis cómoda para todos e permite que o trámite sexa moito máis fluído e, ademais, a túa información persoal bancaria nunca é facilitada e non tes que tomarche a molestia de facernos un ingreso en conta cada vez que vas realizar un pedido. Para máis información deste servizo podes acceder a este enlaces: https://www.paypal.com/br/cgi-bin/?cmd=xpt/Marketing/general/NewConsumerWorks-outside.
En caso de que teñas algún problema con este servizo ou prefiras realizar o teu pagamento por outro medio, contacta connosco directamente para resolver o teu problema.

6.-Prazos de entrega

O proceso de compra queda confirmado cando o pago sexa comprobado polo noso equipo.
Esta confirmación pode variar, dependendo do método de pagamento, e pode demorarse 1 ou 2 días. Cando se realiza o pagamento, quedarán aceptadas as condicións de venda e as características dos produtos solicitados. Os prazos de entrega que aquí se indican son orientativos e estarán suxeitos ás condicións de produción e os posíbeis imprevistos do transporte, sendo o prazo máximo orientativo de 10 días laborábeis (despois da aceptación do pagamento e o envío e a aceptación pola nosa banda dos arquivos). As cancelacións de pedidos posteriores ao pagamento e á revisión de arquivos non suporán a devolución do pagamento pola nosa banda.
O prazo de remate do traballo dependerá do produto e oscilará entre 5 e 10 días laborábeis (ao que haberá que engadir a entrega). Haberá traballos, como no caso do deseño editorial, as páxinas webs, etcétera, nos que estes prazos non serán aplicábeis e os mesmos terán que ser acordados co cliente.

7.-Servizo de transporte

Dependendo das características de cada paquete o envío farase con algunha das compañía de mensaxería coas que traballamos e a entrega farase entre 48 e 72 horas despois de que o traballo rematado saia das nosas instalacións, dependendo da localización do enderezo de entrega. Estes prazos de entrega son orientativos e sempre dependerán das características do produto e dos posíbeis imprevistos do transporte. Os pedidos procésanse entre as 9 e as 11 da mañá e entre as 3 e as 5 da tarde.
A empresa SACAUNTOS non se fai responsábel das demoras ocasionadas pola compañía de transporte que se contrate.
SACAUNTOS tampouco se fai responsábel polos gastos de devolucións en caso de ausencia do destinatario, nin polos erros nos datos indicados polo cliente ou o usuario no formulario de pedido.
SACAUNTOS, só baixo petición expresa do cliente e por unha cuestión de custos en envíos masivos, realizará os envíos por sistemas tradicionais, como Correos, mais sen facerse en ningún caso responsábel da chegada correcta do envío.
Salvo indicación contraria, os pedidos serán enviados a portes pagos e o custe dos mesmos serán incluídos na factura.
SACAUNTOS comprométese a pór todos os medios ao seu alcance para cumprir os prazos de entrega pactados co comprador.
O envío dos produtos é a risco do Comprador, SACAUNTOS non se fai responsábel polas demoras, perdas ou danos que puidesen ocasionar as compañías de transporte (incluídos folgas, feche patronal, falta de subministracións ou outros eventos de forza maior) así como os gastos derivados pola ausencia do destinatario ou por erros nos datos facilitados polo cliente no formulario de pedido. Non se poderán reclamar e o prazo de entrega deberá prorrogarse.
Non realizamos envíos fóra do Estado español, ás Illas Canarias e a Baleares.
Os prazos de entrega indicados están expresados en días laborábeis.

8.-Dereito a devolución

SACAUNTOS admitirá a devolución do produto, sempre que se comunique esta circunstancia no prazo e polos medios que se detallan a continuación.
Para a devolución do produto esixirase ao cliente a presentación documental do albará de entrega do pedido.
En caso de produto defectuoso ou erróneo no momento da súa recepción, SACAUNTOS enviará ao cliente un novo produto coas mesmas características que o solicitado inicialmente.
Unha vez efectuada a compra do produto, esta poderá ser cancelada polo cliente dentro das 24 horas seguintes á compra do produto, póndose en contacto con SACAUNTOS na dirección de e-mail tenda@sacauntos.com. Os gastos bancarios que se orixinaron pola cancelación da compra serán a cargo do cliente.
Cando detectes fallos en arquivos despois da subida dos mesmos disporás de 4 horas para notificarnos por correo electrónico ou por teléfono a supresión dos arquivos erróneos.
Unha vez que o pedido se atope en impresión xa non se poderán facer modificacións e o proceso de impresión e entrega chegará até o final.
O réxime xurídico das devolucións réxese pola Lei de 15/01/1996, e consiste nas seguintes normas:
	a) Non se admitirán devolucións que non veñan na súa embalaxe orixinal e co produto en perfecto bo estado.
	b) Nos produtos que poidan ser reproducidos ou copiados con carácter inmediato, como son os libros, mapas ou guías, non se admitirá a súa devolución agás que os mesmos sexan devoltos na súa embalaxe orixinal e sen abrir.
	c) O custo da devolución correrá a cargo do cliente.
As reclamacións só terán validez a condición de que fosen efectuadas dentro do prazo de cinco (5) días posteriores á recepción do produto.
O correo electrónico ou carta na que se comunique a devolución deberá conter os seguintes elementos para que se considere valida a petición de devolución:
	a) Nome da persoa que realizou o pedido.
	b) Número de referencia da compra.
	c) Identificación do produto defectuoso.
	d) Problema que afecta o produto.
	e) Data de realización do pedido.
	f) Calquera outra información de interese.
Non se aceptan:
A devolución daquel artigo que o usuario ou cliente comprobase previamente e non mostrase a súa desconformidade co seu resultado.
A aceptación do resultado da proba de cor do artigo invalida o posterior dereito de devolución do cliente por motivo de variacións de cor.
Erros cometidos na edición dos teus documentos: erratas, ortografía, etc.
Erros nas opcións seleccionadas para o teu traballo: impresión dobre cara, tipo de plastificado, número de unidades, etc.
Falta de resolución dos logotipos ou imaxes subidas polo usuario.
Variación de ton nas cores impresas respecto dos mostrados en pantalla.
Variación de ton nas cores impresas respecto de impresións recibidas con anterioridade.
Variación de material base respecto de impresións recibidas con anterioridade.

9.- Garantías do autor e dereitos de propiedade intelectual

SACAUNTOS resérvase a plena propiedade dos bens vencidos até o pago total e efectivo por parte do comprador dos importes facturados. Mentres tanto, a mercadoría será considerada en depósito no domicilio do usuario. O usuario queda nomeado depositario, cos efectos legais previstos.
Quedan reservados os dereitos orixinais da obra.
O usuario declara que a obra é da súa autoría ou cedida co consentimento do autor, cuxos contidos non lesionan nin poden lesionar dereitos de terceiros. No caso de que a obra incorpore creacións de terceiras persoas (tales como obras artísticas, fotografías, imaxes de calquera tipo, fragmentos de obra literaria, e calquera outra protexida pola propiedade intelectual), o cliente obrígase a obter dos seus lexítimos titulares as autorizacións e licenzas preceptivas para poder incorporar ditas creacións á obra.
O usuario que sexa autor declara ser titular ou licenciatario de todos os dereitos de propiedade intelectual sobre a obra e sobre os seus contidos e poder dispor dos mesmos para a publicación que encargue.
O usuario ou, se é o caso o autor, declara e garante que os contidos da obra non violan dereitos fundamentais nin de terceiros nin atentan contra dereitos, valores e principios éticos e morais esenciais, por iso responsabilízase de todo o contido da obra e garante a SACAUNTOS que lle manterá completamente indemne de calquera reclamación de terceiros relacionada coa obra, con todos os seus contidos.






CONDICIÓNS DE USO DO SITIO WEB

1.-Confidencialidade e protección de datos

SACAUNTOS adoptou os niveis de seguridade adecuados aos datos que se facilitan e, ademais, instaláronse todos os medios e medidas técnicas ao seu alcance para evitar a perda, mal uso, alteración, acceso non autorizado e roubo dos datos que nos facilitan. O usuario poderá, en todo momento, exercer os dereitos recoñecidos na LOPD, de acceso, rectificación, cancelación e oposición. O usuario poderá acceder aos seus datos, rectificalos, cancelalos e oporse ao seu tratamento, nos termos e nas condicións previstas na lexislación vixente, dirixíndose por escrito ao noso domicilio social, situado na rúa do Avío 11, baixo, 15705, Compostela, Galiza, ou ben ao correo electrónico tenda@sacauntos.com
Desde SACAUNTOS comprometémonos a non compartir, vender nin alugar datos persoais a terceiros sen ter previo permiso do usuario, ou a non ser que o ordene un tribunal de xustiza. A información que nos remitas só será compartida cos socios que xestionan esta información, así como tamén cos provedores de servizos que contratásemos con obxecto de proporcionarche os nosos produtos ou servizos.
De acordo co disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (LOPD), cuxo obxecto é garantir e protexer, no que se refire ao tratamento dos datos persoais, as liberdades e dereitos fundamentais das persoas físicas, e especialmente da súa honra e intimidade persoal, autorízase a SACAUNTOS a incorporar nos seus ficheiros ao usuario e aos seus datos de carácter persoal que figuren no contrato, ou aqueles que nos proporcione ao encher calquera dos formularios que aparecen neste sitio web. Os devanditos datos de carácter persoal recolleranse en ficheiros cuxo responsábel é SACAUNTOS e son transferidos á Autoridade ou Órgano Nacional ou Internacional Rexistrante competente. Esta transferencia ten como obxectivo única e exclusivamente o cumprimento de fins directamente relacionados coas funcións lexítimas do cedente (a empresa) a través do contrato, é dicir, o rexistro do nome de dominio. A recollida e tratamento automatizado dos Datos de Carácter Persoal ten como finalidade o mantemento da relación contractual. Serán tratados coa exclusiva finalidade propia do formulario.
SACAUNTOS comprométese a NON REMITIR COMUNICACIÓNS COMERCIAIS SEN IDENTIFICALAS COMO TALES, conforme ao disposto na Lei 34/2002 de Servizos da Sociedade da Información e de comercio electrónico. A estes efectos non será considerado como comunicación comercial toda a información que se envíe aos usuarios de SACAUNTOS sempre que teña por finalidade o mantemento da relación contractual existente entre usuario e SACAUNTOS, así como o desempeño das tarefas de información, formación e outras actividades propias do servizo que o cliente ten contratado coa empresa.
O usuario garante e responde, en calquera caso, da veracidade, exactitude, vixencia e autenticidade dos datos persoais facilitados, e comprométese a mantelos debidamente actualizados.
SACAUNTOS non se responsabiliza dos virus que teñan a súa orixe nunha transmisión telemática infiltrados por terceiras partes (por exemplo, as macros de procesadores de texto, os applets de Xava e os programas ActiveX), xerados coa finalidade de obter resultados negativos para un sistema informático.
En definitiva, o Usuario é o único responsábel do uso que realice dos servizos, contidos, ligazóns (links) e hipertexto incluídos no sitio web da empresa.
Os códigos de identificación e claves de acceso que sacauntos.com proporciona ao usuario teñen carácter persoal e intransferíbel, sendo obriga do usuario rexistrado comunicar a sacauntos.com os eventuais cambios que se produzan nos seus datos persoais.


2.-Dereitos de autor e propiedade intelectual da web

O sitio web de SACAUNTOS contén gráficos, fotografías, imaxes, deseño de documentos, ilustracións, texto, fontes, ferramentas de software e outras informacións que son propiedade intelectual de SACAUNTOS e/ou dos seus subministradores de contido, e protexidos pola lexislación española e as normas internacionais.
O usuario única e exclusivamente pode utilizar o material que apareza neste sitio web para o seu uso persoal e privado, quedando prohibido o seu uso con fins comerciais ou para incorrer en actividades ilícitas. Todos os dereitos derivados da propiedade intelectual están expresamente reservados por SACAUNTOS.
Queda terminantemente prohibido reter, copiar, distribuír, publicar ou utilizar a totalidade ou calquera parte destes contidos fóra do que estea expresamente autorizado por SACAUNTOS.
SACAUNTOS velará polo cumprimento das anteriores condicións como pola debida utilización dos contidos presentados nas súas páxinas web, exercitando todas as accións civís e penais que lle correspondan no caso de infracción ou incumprimento destes dereitos por parte do usuario.
No caso de que calquera usuario ou terceiro considere que calquera dos contidos existentes no sitio web foi introducido na mesma con violación de dereitos de autor ou outros dereitos de protección da propiedade intelectual, poderase comunicar a SACAUNTOS dita circunstancia, e remitir a notificación á dirección de correo electrónico tenda@sacauntos.com

3.-Uso do sitio web polo usuario

O usuario ou cliente comprométese a utilizar os contidos, servizos ou produtos de SACAUNTOS de conformidade coa lei, as presentes condicións xerais e as condicións particulares de cada un dos servizos ou produtos.
SACAUNTOS non se fai responsábel dos contidos enviados polo usuario ou cliente e do uso que faga cos servizos ou produtos demandados.
O usuario ou cliente obrígase a utilizar os produtos ou servizos de SACAUNTOS con fins lícitos.
O usuario seguirá sendo o propietario dos dereitos de autor dos contidos que envíe a SACAUNTOS e, en ningún caso, pódese reclamar a SACAUNTOS por este concepto.

4.-Restrición de acceso

SACAUNTOS resérvase o dereito de non dar o servizo, cancelar contas ou cancelar os pedidos a discreción súa.
Os produtos e servizos de SACAUNTOS non serán vendidos a menores de 18 anos, a non ser que teñan o permiso dos seus pais ou titores.

5.-Comunicacións electrónicas

O usuario ou cliente está de acordo con recibir todo tipo de comunicación legal e avisos de forma electrónica, ben sexa a través do noso sitio web, ou nun correo electrónico á dirección que nos indique cando se rexistre no sitio web.
O usuario ou cliente ten dereito a retirar o seu consentimento para recibir comunicacións por parte de SACAUNTOS de forma electrónica. Cada correo electrónico enviado disporá dun modo sinxelo e automatizado para que o usuario ou cliente poida deixar de recibir os correos electrónicos, ou para modificar as súas preferencias.

6.-Limitación de responsabilidades

SACAUNTOS non se fai responsábel de ningunha avaría técnica, nin de ningún outro problema da rede ou o servizo telefónico, dos sistemas informáticos, servidores ou provedores, equipos informáticos, software, fallos do correo electrónico ou os servidores ocasionados por problemas técnicos ou conxestión de tráfico na internet, incluíndo lesións ou danos sobre o computador, calquera outro elemento de hardware ou software do usuario ou doutra persoa, derivados da utilización ou da descarga de materiais en relación con este sitio web e/ou co servizo prestado.
En ningún caso SACAUNTOS se responsabiliza por calquera tipo de danos ou consecuencias derivadas ou relacionadas co uso inapropiado ou non autorizado que o usuario faga deste sitio web ou do seu contido.

7. Cookies

O sitio web titularidade de SACAUNTOS utiliza cookies (pequenos arquivos de información que o servidor envía ao computador de quen accede á páxina) na medida imprescindíbel para o correcto funcionamento e visualización da páxina web por parte do cliente.






LEXISLACIÓN APLICÁBEL E XURISDICIÓN COMPETENTE

As presentes condicións xerais de venda e uso do sitio web sométense á lexislación española, que será aplicábel en relación á súa validez, interpretación, execución, cumprimento e resolución.
As partes acordan someter todas as cuestións legais que poidan xurdir respecto ao disposto anteriormente á arbitraxe institucional do Tribunal Arbitral de Galiza. Se a arbitraxe non puidese realizarse, ambas as partes acordarán someterse aos Xulgados e Tribunais de Galiza, con renuncia expresa ao seu propio foro se fose outro.


Compostela, 30 de setembro de 2011

Contato

Se tes dúbidas ou preguntas, pódeste por en contacto con Niké Respostas Editoriais no enderezo nike@sacauntos.com, no teléfono 981 576 883 ou visitando a sede que compartimos con Sacauntos Cooperativa Gráfica na Rua do Avio 11, no bairro de Vista Alegre de Compostela, Galiza.